top of page

A I Marcha Cicloturista BTT Concello de Palas de Rei reúne preto de 200 participantes

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A I Marcha Cicloturista BTT Concello de Palas de Rei, organizada polo Concello, celebrouse o pasado sábado con grande éxito, reunindo preto de 200 participantes nunha xornada marcada polo deporte e a posta en valor do territorio.

O percorrido levou aos ciclistas por espazos emblemáticos como o Castelo de Pambre e a Serra do Careón, integrada na Rede Natura 2000, combinando patrimonio, natureza e actividade física.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A iniciativa preséntase ademais como unha oportunidade para a diversificación do turismo e a dinamización do territorio en épocas de menor afluencia, reforzando o potencial de Palas de Rei como destino activo durante todo o ano.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Dende o Concello destacan a alta participación e o bo ambiente, sentando as bases para consolidar a proba como unha cita de referencia na comarca. NOS VINDEIROS DÍAS PUBLICAREMOS REPORTAXE EN VÍDEO.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page