top of page

A gran cita comercial do verán melidense, o Mercamelide no Camiño, sorteará dous vales de 60 euros

Laura Moure/Melide

Esta fin de semana, os días 13, 14 e 15 de agosto celebrarase no Cantón de San Roque, en Melide, a gran cita comercial do verán da vila, o Mercamelide no Camiño, no que se sortearán dous vales de compra de sesenta euros cada un para gastar nos establecementos participantes no evento.

Para entrar no sorteo dos dous vales de compra é preciso subir a Instagram ou Facebook unha fotografía relacionada co Mercamelide no Camiño (unha imaxe visitando a feira de oportunidades, mercando, amosando os produtos expostos, etc), ser seguidor da conta de ASETEM – CCA (@asetemmelide no Instagram e da páxina de facebook @asetem), etiquetar ditas contas e incluír o cancelo #mercamelidenocamiño.


As bases do sorteo pódense consultar en www.asetem.com. O gañador ou gañadora comunicarase o domingo ao finalizar a terceira edición do Mercamelide no Camiño. Os 14 comercio participantes serán: Calzados Broz, Mis Mejores Labores, Noguerol

Cociña e Baño, M&M Moda, Pequeniño Zapatería Infantil, El Dándolo, Stardemoda,

Electrosan, Sakho, Colorín Colorado, Modas Alfonso, Seguros Santa Lucía, Tu Boutik e

Mercería Marvi.


Os horarios do Mercamelide no Camiño serán: o venres 13 de 18:00 a 22:00 horas, sábado 14 de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas, por último, o domingo 15 de 11:00 a 14:00 horas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page