top of page

A Gouxa, en Dozón, celebrará o 7 de xuño a XXX Festa da Carne ao Caldeiro e Bola con Torrezmos

Laura Moure/Dozón

O Concello de Dozón organiza para o domingo 7 de xuño na Gouxa a XXX edición da Festa da Carne ao Caldeiro e Bola con Torrezmos, unha cita gastronómica xa consolidada no calendario festivo da comarca. A xornada estará dedicada á promoción de dous dos produtos máis representativos da gastronomía tradicional da zona: a carne ao caldeiro e a bola acompañada de torrezmos. Ademais, os asistentes poderán gozar dunha degustación gratuíta de torrezmos a partir das 12.30 horas.

O programa incluirá tamén actuación musical para amenizar a celebración e converter a festa nun punto de encontro para veciños e visitantes.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A iniciativa está organizada polo Concello de Dozón e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Desde o Consistorio animan á veciñanza e ao público en xeral a participar nesta festa, que cumpre tres décadas poñendo en valor a tradición culinaria e o patrimonio cultural do municipio. Haberá actuación musical.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"30 anos transcorridos desde que a Corporación de Dozón decidiu levar a cabo unha festa gastronómica na Gouxa, homenaxe a esa feira promovida polos monxes do mosteiro de Oseira na Idade Media e que cada día conta con maior afluencia de visitantes de todos os lugares de Galicia. Patrimonio inmaterial do Concello de Dozón que debe ser coidado e potenciado", recalca o alcalde do municipio, Adolfo Campos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page