A Garda Civil solicita a colaboración cidadá distribuindo dous retratos robot
- ecosdacomarca

- 17 ago 2023
- 1 Min. de lectura
O pasado mes de xullo pediu axuda pola mesma investigación por un delito de agresión sexual cometido en Pontellas (O Porriño)
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil de Pontevedra investiga a comisión dun delito contra as persoas na madrugada do día 18 de xullo, durante a celebración das Festas de San Campio, na parroquia de Pontellas do Porriño. Especialistas do Departamento de Identificación do Servizo de Criminalística da Garda Civil confeccionaron os retratos robot dos mozos presuntos autores da agresión.
Publicidade
Por iso solicítase que calquera persoa que poida achegar algún tipo de información ou dato que axude á súa identificación póñase en contacto coa Garda Civil a través do teléfono habilitado para este fin 600 461 444. Tamén se poderá achegar información de forma presencial, en calquera Posto da Garda Civil, garantíndose en todo caso a confidencialidade do comunicante.
Os retratos robots son os seguintes:

NOTICIA RELACIONADA:
A Garda Civil pide colaboración cidadá para atopar aos autores da violación a unha moza no Porriño: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-garda-civil-pide-colaboraci%C3%B3n-cidad%C3%A1-para-atopar-aos-autores-da-violaci%C3%B3n-a-unha-moza-no-porri%C3%B1o







Comentarios