top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil pide colaboración cidadá para atopar aos autores da violación a unha moza no Porriño


Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil de Pontevedra investiga a comisión dun delito contra as persoas na madrugada do día 18 do presente mes, durante a celebración das Festas de San Campio, na parroquia de Pontellas do Porriño. Solicítase a colaboración cidadá para a localización dos presuntos autores, dous homes novos ao redor de 20 anos de idade, con acento galego, ambos de pelo moreno, vestindo camisetas de manga curta e pantalón curto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tense constancia que estas persoas atopábanse na escalinata do Campo da Festa entre as 3:00 e as 4:00 horas do citado día, durante a actuación de Orquestra Panorama. Solicítase que os asistentes ao evento, acheguen vídeos ou fotografías realizadas nas escalinatas, ou en calquera outro lugar da reciento da festa, se se considera de interese para a investigación.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Habilitouse o teléfono 600 461 444, para contactar coa Garda Civil ou mediante o uso da aplicación Whatsapp, así como o correo electrónico po-cmd-pontevedra-uopj emume@guardiacivil.org Tamén se poderá achegar información de forma presencial, en calquera Posto da Garda Civil, garantíndose en todo caso a confidencialidade do comunicante.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page