A Garda Civil recolle unha granada da Guerra Civil na Estrada
- ecosdacomarca
- hace 9 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil da Estrada pasou aviso este luns 25 ao EDEX de Pontevedra ao ter coñecemento de que nun domicilio privado localizouse un artefacto explosivo. Acudido o equipo no lugar da incidencia compróbase que se trata dunha granada de morteiro da pasada guerra civil, provista de espoleta e da súa carga explosiva, polo que se procede á súa retirada para a súa posterior destrución.

Publicidade
"Queremos lembrar que ante a aparición destes artefactos ou calquera outro tipo de obxecto que puidese representar perigo, nunca TOCAR, MOVER ou MANIPULAR debido a que, aínda que exteriormente poidan dar a impresión de estar deteriorados, incluso moitos anos despois da súa fabricación, estes aínda conservan todas as súas propiedades explosivas e de funcionamento", sinala a Garda Civil.
Publicidade
O recomendado é chamar á Garda Civil, deste xeito os TEDAX (Técnicos desactivadores de explosivos) encargaranse de eliminar o perigo que representan este tipo de artefactos.