A Garda Civil ofreceu en Silleda unha charla aos maiores sobre prevención de estafas e roubos
- Laura Moure

- 16 oct
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O centro social de maiores de Silleda acolleu onte unha sesión informativa impartida pola Garda Civil, dirixida a persoas maiores, centrada na prevención de roubos, estafas e enganos, tanto nas rúas como a través de medios telemáticos, a través do programa “Plan
Mayor Seguridad”. Durante o encontro, os axentes ofreceron consellos prácticos e exemplos reais de situacións nas que os delincuentes adoitan aproveitarse da confianza das persoas maiores, explicando tamén como actuar e a quen avisar en caso de sospeita ou intento de estafa.

A charla, de carácter participativo, permitiu ás persoas asistentes resolver dúbidas e compartir experiencias, co obxectivo de reforzar a súa seguridade e autoconfianza ante posibles situacións de risco.
Publicidade
No acto estivo presente a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, quen agradeceu á Garda Civil a organización desta iniciativa “que contribúe a mellorar a seguridade e a tranquilidade da nosa veciñanza maior, ofrecendo información útil e preventiva”.
Publicidade
Dende o Concello de Silleda transmítese o agradecemento á Garda Civil pola súa colaboración e polo labor de proximidade que desenvolve con este tipo de sesións formativas, que axudan a previr delitos e fomentar unha sociedade máis segura e informada.








Comentarios