Facíanse pasar por voluntarios dunha ONG
Ecos da Comarca/Arzúa
A Garda Civil identificou en Arzúa a tres persoas por suposto delito de estafa no tramo do Camiño Francés.
Son dúas mulleres e un home que intentaban estafar aos peregrinos facéndose pasar por voluntarios dunha ONG, pedíndolles colaboración económica. Foi precisamente un axente da Garda Civil que se atopaba realizado o Camiño de Santiago o que deu a voz de alarma.
As tres persoas xa teñen antecedentes por delitos similares.
Comments