top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil desarticula un grupo criminal especializado en hurtos en entidades bancarias

En Galicia comenteron un en Oroso por valor de 10.000 euros


Ecos da Comarca/Xeral

Tras unha laboriosa investigación de máis de dous anos levada a cabo pola Unidade Orgánica de Policía Xudicial de Navarra, desarticulouse un grupo criminal especializado en furtos ao descoido en entidades bancarias. O grupo conformábano catro persoas, unha muller de 35 anos e tres homes de entre 34 e 52 anos. Dous deles utilizaban identidades falsas para a apertura de contas bancarias onde ingresaban o diñeiro subtraído nos furtos, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia da Coruña-


Publicidade

 Tratábase dun grupo moi activo que presuntamente cometera furtos co mesmo modus operandi en Madrid, Cantabria, Galicia, Comunidade Valenciana e Aragón. O primeiro furto consumado na Comunidade Foral levárono a cabo no ano 2021 nunha entidade bancaria da merindad de Estella onde subtraeron 22.150 euros.


Publicidade

Ademais, tentaran cometer dous furtos máis noutras sucursais da Comunidade Foral, unha situada na merindad de Pamplona e outra na de Tafalla. Sempre empregaban o mesmo modus operandi; accedían á entidade bancaria e realizaban unha vixilancia minuciosa dos empregados. Despois, un deles saía ao caixeiro mentres outro dos integrantes continuaba coa vixilancia. Unha vez no caixeiro sacaba unha carteira e lanzaba billetes ao chan.


Publicidade

O membro do grupo que realizaba a vixilancia daba aviso ao empregado indicándolle que había billetes no chan no caixeiro para que abandonase o seu posto de traballo, momento no cal outro dos membros, en ocasións o mesmo que executara a parte do caixeiro, aproveitaba para subtraer o diñeiro en efectivo dispoñible no caixón da oficina. Tras numerosas indagacións, análises das imaxes de seguridade, toma de pegadas e manifestacións das testemuñas, os investigadores lograron identificar os membros do grupo aos que se lles investiga por tres delitos de furto (dous deles en grao de tentativa), delito de pertenza a grupo criminal, delito de branqueo de capitais, e a dous deles por delito de falsidade documental.


En Galicia cometeron un robo na localidade de Oroso valorado en 10.000 euros.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page