A Garda Civil desarticula un grupo criminal con base en Melide
- ecosdacomarca

- 13 sept 2025
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
A Garda Civil do Posto Principal de O Milladoiro (Ames), en colaboración co Equipo Territorial de Policía Xudicial (ETPJ) da Garda Civil de Cambre, desarticulou un grupo criminal especializado en delitos de roubo con forza, na fase de explotación da operación “Leonino II – Kinburg”. A mencionada operación iniciouse o pasado mes de novembro ante o incremento dos delitos de roubo con forza en establecementos da comarca de Santiago de Compostela, xerando alarma social na zona.

No transcurso da mesma, os gardas civís actuantes constataron que o modus operandi era o mesmo en todos os ilícitos, o cal consistía en subtraer un vehículo dunha marca e modelo determinado en poboacións próximas, utilizándoos posteriormente para a perpetración do ilícito; tras o que os abandonaban en zonas boscosas e pouco transitadas ao obxecto de dificultar a súa localización.
Tras a exhaustiva análise da documentación solicitada, os efectivos actuantes lograron a identificación dos presuntos integrantes do grupo, todos eles coñecidos das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole e a localización da base establecida na localidade de Melide. Tras coñecer a identidade dos presuntos integrantes e a localización da suposta base, os gardas civís actuantes solicitaron un Mandamento de Entrada e Rexistro á autoridade xudicial e a colaboración da Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC) da Coruña para a súa realización.
Publicidade
Durante o rexistro do domicilio atopáronse diversos efectos, entre eles unha escopeta de caza co número de serie borrado, a cal tras a súa análise púidose comprobar fora subtraída na localidade de Boimorto.
A Garda Civil procedeu á detención dun dos supostos integrantes do grupo e á investigación dos outros 5 como presuntos autores de 11 delitos contra o patrimonio, 1 delito de pertenza a grupo criminal e 1 delito de tenencia ilícita de armas.







Comentarios