top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil denunciou a unha empresa, que estaba prestando servizo en Toques, polo uso fraudulento de gasóleo tipo B

Ecos da Comarca/Xeral

A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia denunciou a unha empresa por uso fraudulento de gasóleo tipo B. Os feitos sucederon cando compoñentes da mencionada Unidade que se atopaban realizando un servizo propio da especialidade no termo municipal de Toques, realizaron a verificación de carburantes á maquinaria que se atopaba realizando obras na devandita localidade, lanzando esta un resultado positivo, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandacia da Coruña.

A Garda Civil procedeu á confección da correspondente acta –denuncia por suposta infracción á Lei 38/1992 de Impostos Especiais por uso indebido de gasóleo bonificado. Ante a posibilidade de que a empresa puidese realizar o uso deste tipo de carburante noutros vehículos da súa propiedade, os compoñentes da PAFIF solicitaron autorización ao Ilmo. Sr. Administrador da Dependencia Provincial de Aduanas da Coruña para a inspección das instalacións da mencionada empresa.


Publicidade

No transcurso da inspección, os gardas civís actuantes localizaron un vehículo facendo uso irregular de gasóleo tipo B e tres depósitos de combustible carentes da correspondente documentación e os xustificantes de inspecciónelas pertinentes.


Publicidade

A Garda Civil procedeu á confección de actas-denuncia por supostas infraccións á Lei 38/1992 de Impostos Especiais e á Lei 9/2004 de Seguridade Industrial de Galicia.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page