top of page

A Garda Civil de Lalín incauta unha partida de zapatillas deportivas falsificadas de varias marcas

Ecos da Comarca/Lalín

A Garda Civil incautouse dun total de 562 pares de zapatillas, supostamente falsificadas, nun control selectivo de vehículos no acceso ao mercadillo municipal de Lalín.


Os feitos sucederon durante a mañá do pasado luns 18 de xullo, no transcurso dun control selectivo de vehículos, que estaban a realizar dúas patrullas pertencentes ao Posto Principal da Garda Civil de Lalín.


Nun dos vehículos inspeccionados, concretamente nunha furgoneta, a Garda Civil comprobou que transportaba no seu interior unha carga de zapatillas de recoñecidas firmas, coas súas marcas supostamente falsificadas, posteriormente e en presenza do transportista, contabilizáronse un total de 562 pares de zapatillas deportivas.


Ao comprobar os compoñentes da patrulla que o condutor do camión carecía da correspondente factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, procedeuse á súa incautación.


O valor das zapatillas auténticas no mercado, podería superar os 28.000 €.


A mercadoría incautada púxose ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda en Lalin.



















0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page