top of page

A Finca Mouriscade de Lalín acolle a sétima edición da Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros

O deputado Jorge Cubela foi o encargado de dar a benvida á rapazada. poñendo en valor este espazo e reivindicando o compromiso do goberno provincial co sector gandeiro


Laura Moure/Lalín

A Deputación de Pontevedra acolle ata o venres 24 de xullo na Finca Mouriscade a sétima edición da Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros, en colaboración coa Federación Frisoa Galega, o Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia e a Cooperativa Rural Galega. O deputado provincial Jorge Cubela foi o encargado de dar a benvida á rapazada que participa esta semana en Lalín nesta iniciativa, aproveitando para poñer en valor a Finca Mouriscade e o compromiso do goberno provincial co sector gandeiro.

“Estamos moi felices de ver a esta rapazada, consciente de que a gandería é unha forma de vida, ten proxección e pode converse no seu futuro profesional”, subliñou Cubela quen reivindicou tamén a necesidade de “garantir o relevo xeracional nun sector que é fundamental para o desenvolvemento do rural, pero tamén para o conxunto da sociedade”. Neste eido, o deputado fixo mención ao compromiso da Deputación de Pontevedra co desenvolvemento do medio rural e co sector agrogandeiro e manifestou a importancia de “dar pasos cara adiante para que este sector económico de tanta importancia para a provincia sexa atractivo para as novas xeracións”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Cubela tamén fixo fincapé no papel tan significativo da Finca Mouriscade, cuxas instalacións levan décadas apostando pola innovación, a investigación e a mellora continua do sector gandeiro, converténdose nun referente para profesionais, explotacións e entidades de toda Galicia. De feito, a granxa da Finca Mouriscade está considerada a terceira mellor explotación gandeira de toda España.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

Ademais, en catro anos, a gandería dependente da Deputación de Pontevedra pasou do posto número 35 a alcanzar a segunda posición no índice combinado ICO. Esta clasificación avalía a calidade xenética dos animais, apuntala o centro como unha referencia no sector agrogandeiro a nivel nacional e confirma que as tenreiras que naceron en Mouriscade a partir dos últimos embrións están a contribuír de xeito decisivo á mellora xenética e, como consecuencia, á mellora da eficiencia produtiva das ganderías da provincia.


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page