top of page

A Festa Gastronómica do Galo de Curral de Cruces contará cunha exhibición de 50 exemplares vivos

E haberá outros tantos sacrificados para ser vendidos


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces poñerá en valor o galo de curral o domingo, 31 de maio, no día grande da XXXII Festa Gastronómica de Galo de Curral. Como é habitual, haberá exposición de animais vivos e venda de exemplares sacrificados a partir das 12:00 horas na Praza do Concello. Segundo explica o presidente da Asociación de Criadores de Galo de Curral de Vila de Cruces, Evaristo Rodríguez, participarán na festa 20 criadores.

Na exhibición haberá expostos 50 exemplares vivos e o punto de venda disporá de 40-50 exemplares mortos. “O galo de curral é da raza autóctona galega de Mos, aínda que actualmente xa se vende máis o galo rubio do país. O noso galo de curral ten como principal característica que está sen castrar, ademais de gozar dunha crianza artesanal en liberdade dos dous meses ao ano, a base de cereais, verduras e legumes, para que a carne non colla tanta graxa e o engorde sexa máis lento, adquirindo un sabor intenso”, explica Evaristo Rodríguez.


A degustación do galo de curral tamén será ao mediodía na Praza do Concello. O cociñeiro e veciño de Cruces José Antonio Asorey Torres, que rexenta o restaurante ‘Onde Antonio Mouriscade’ en Lalín, preparará máis de 500 racións de galo de curral, a un prezo simbólico de tres euros.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Haberá unha tapa tradicional de galo de curral con patacas. José Antonio Asorey explica que o galo vai adobado do día anterior, durante unhas 12 horas aproximadamente, con viño branco, allo, perexil, loureiro, sal e pementa, e acompañado por unha guarnición de verduriñas, con cogomelos e chícharos. “Estofaremos o galo, que ten máis ou menos un ano de vida, durante máis de dúas horas e media. Cociñarase en aceite de oliva e na graxa que vai soltando o propio galo, coas patacas preparadas nesa mesma salsa”, describe o cociñeiro.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A segunda tapa será unha versión da tradicional, onde cociñará o galo de curral estofado, pero nesta ocasión acompañado por fabas naturais. “O galo vai cociñado de forma similar á receita tradicional, co seu adobo feito do día anterior. Cando a cocción do galo está xa controlada, engádense as fabas. O propio amidón das fabas, xunto coa graxa da carne, vai espesando a salsiña”, indica.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page