top of page

A Festa dos Callos de Ansemil Martixe celebra o seu undécimo aniversario o vindeiro sábado 18 de abril

A cita gastronómica volverá completarse coa Foliada da Pereiriña, co grupo 7 Ferrados, os gaiteiros da Pereiriña e Pau de Buxo


Laura Moure/Silleda

O sabor dos callos e a música tradicional volverán o vindeiro sábado día 18 de abril á parroquia silledense de Ansemil - Martixe . A Festa dos Callos e a Foliada da Pereiriña celebran os seus 11 anos de traxectoria, consolidadas xa no calendario festivo do municipio de Silleda. Os membros da Asociación Cultural Festa dos Callos e da agrupación musical Gaiteiros da Pereiriña presentaron onte no Centro Social da localidade esta nova edición nun acto ao que asistiron varios membros do goberno municipal, encabezados pola a alcaldesa, Paula Fernández Pena. Ao acto tamén asistiu en representación da Xunta Isabel Couselo, delegada territorial de Cultura en

Pontevedra, entidade que tamén colabora ca Foliada a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Actuación na edición do ano pasado.
Actuación na edición do ano pasado.

Para a celebración da cita haberá carpa pechada e aparcadoiro gratuito. O menú estará composto por empanada, callos, pan, viño, postre e café. O prezo é de 20 euros (para nenos/as ata 12 anos custa 10 euros). As entradas para asistir poden mercarse en Martixe (Taberna de Isabel de Ubaldo); O Castro (Bar Sanse); en Silleda (no Bodegón de Esther) e tamén na Bandeira (Bar Arume , Bar Victorino e Mercamella). As persoas interesadas en facer reservas ou recibir máis información poden chamar aos números de teléfono

626 913 655 ou 615 958 969. O prazo para reservar entradas remata o vindeiro 15 de abril.

 PUBLICIDADE


A cita comezará con música arredor das 12:45 horas, a cargo do Grupo de Acordeóns da Escola de Música Municipal de Silleda, o Grupo de Gaitas tamén da EMUSI e Xirandola e continuará ata a noitiña. Na Foliada, a partir das 17:00 horas actuarán o grupo anfitrión –os gaiteiros da Pereiriña- ; Pau de Buxo, de Saídres, e como plato forte chegará a actuación de 7 Ferrados, un recoñecido grupo de grupo tradicional galega habitual das grandes foliadas. A xornada rematará coa actuación do Dúo Punto Cero. “Quixemos facer da xornada un punto de encontro para os veciños da zona e ao mesmo tempo ampliar a oferta gastronómica do municipio”, engaden dende a organización, que agradecen o apoio tanto do Concello de Silleda e da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Pontevedra como das distintas empresas e firmas colaboradoras.


Os membros da asociación teñen previsto preparar o seu afamado prato con 130 quilos de carne (100 kilos de pata, 10 kilos de ventre, 10 de panceta e outros 10 de chourizo) e preto de 80 quilos de garavanzos.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Dende o Concello de Silleda a alcaldesa felicitou ao colectivo organizador “por acadar en pouco tempo con traballo e esforzo un grande éxito ademais de “consolidar definitivamente o sabor dos callos no amplo abano de festas gastronómicas do noso municipio” e destacou “o esforzo da entidade organizadora por manter durante unha década xa unha festa que combina á perfección a tradición cultural coa dos fogóns.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page