top of page

A Festa da Rapazada celebrará unha nova edición o 1 de agosto na parroquia cruceña de Piloño

Laura Moure/Vila de Cruces

A parroquia cruceña de Piloño volverá encherse de xogos, risas e ilusión o próximo 1 de agosto coa celebración da Festa da Rapazada, que este ano alcanza a súa terceira edición. A iniciativa, organizada pola asociación Garatuzas, conta coa colaboración do Concello de Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra, e consolídase como unha das citas de lecer familiar máis destacadas do verán na comarca.

O evento desenvolverase no antigo campo da festa de Piloño e está dirixido a nenos, nenas e mozas de 3 a 18 anos, cunha completa programación de actividades ao longo de toda a xornada. A entrada será gratuíta para os asociados a Garatuzas, mentres que para o público xeral terá un prezo de 10 euros por participante. Entre as principais propostas desta edición destaca unha ampla zona de colchóns e ludoteca, ademais de espectaculares inchables xigantes, como o Mega Super Splash, a Pista Americana con auga, o Trampolín Megalodón e o popular Twister.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A programación incluirá tamén unha actuación de maxia a cargo de Maxia na Manga, que sorprenderá a grandes e pequenos cun espectáculo cheo de humor e sorpresas. O fin de festa correrá a cargo de DJ Santi.


Ao longo do día celebraranse numerosos sorteos con premios especiais cortesía de empresas locais. A oferta completarase cunha proposta gastronómica pensada para todos os públicos, grazas á colaboración de Celtaporc e Xearte Brigitte, que ofrecerán xeados, hamburguesas e bebidas a prezos populares.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Festa da Rapazada naceu co obxectivo de dinamizar o verán da mocidade local e fomentar espazos de convivencia e diversión segura, e nesta terceira edición aspira a reunir de novo a centenares de nenos e nenas de Vila de Cruces e municipios da comarca. Desde a organización animan ás familias para participar e lembran que as entradas para os non asociados poderán adquirirse o mesmo día da festa no recinto.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page