top of page

A feira Abanca Semana Verde de Galicia inicia o seu camiño cara unha edición especial Xacobeo

A cita será do 3 ao 6 de xuño de 2027 en Silleda

Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia xa ten datas para 2027. Será do 3 ao 6 de xuño cando celebre unha 49ª convocatoria que terán un carácter singular, xa que será unha edición especial Xacobeo 2027.

Este gran certame multisectorial de comercio e lecer conectará a súa proposta co espírito do Xacobeo, ligado ao encontro, a diversidade, o diálogo, a creación de vínculos e a apertura ao mundo. Reforzará así o seu carácter como escaparate de Galicia e vinculará aos expositores de todas as orixes a un acontecemento de dimensión internacional que favorecerá o intercambio entre empresas e territorios e a proxección das súas propostas nun contexto excepcional.


En canto á súa exposición, contará cos seus consolidados certames paralelos, o XXX Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca; o XVI Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, a XIII Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, e tamén a XIII Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca. A eles unirase a terceira edición do Salón de Beleza e Estética Avanzada, Intermax Beauty Show e, como é habitual, outros moitos sectores que irán desde gandería, bioenerxía, pequena maquinaria, xardinería ou ferramenta ata mobiliario, decoración ou artesanía.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Respecto ao seu programa, incluirá novamente actividades para profesionais e público xeneral, sumando novidades ás propostas xa clásicas que contan sempre cunha excelente acollida e tamén outras relacionadas co Xacobeo.


Unha cita na que se deixará nota a riqueza do Camino de Santiago e que xa está a comezar a organizar o equipo da Fundación Semana Verde de Galicia, co obxectivo de manter o elevando interese e fidelidade que xera en cada edición por parte de

expositores e visitantes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Unha cita con solidez e crecemento

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia é xa unha cita amplamente

consolidada pola súa capacidade para crear oportunidades comerciais e ofrecer unha proposta con atractivo para todo tipo de público.


Un esforzo que se reflicte nos seus crecentes resultados. Así, na súa pasada convocatoria, celebrada do 4 ao 7 de xuño deste ano, reuniu a 793 expositores directos de seis países, converténdose na maior dos últimos dezanove anos. Ademais, rexistrou cifras récord na exposición dos seus salóns de turismo e alimentación e medrou respecto á anterior edición no resto de salóns paralelos.Por outra banda, volveu ofrecer máis de 200 actividades das que puideron desfrutar 109.480 visitantes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page