top of page

A exposición ‘Golfiños na proa’ trae a Melide unha mostra da extraordinaria biodiversida de litoral galega

Pode visitarse no Centro Sociocultural Mingos de Pita de 18 a 20:30 horas ata o 27 de novembro


Laura Moure/Melide

Melide acolle ata o vindeiro 27 de novembro a exposición ‘Golfiños na proa’, unha iniciativa que pretende achegar ao público a riqueza do mar galego concretada na diversidade de cetáceos -mamíferos mariños- que viven ou pasan polo noso litoral. A mostra pode visitarse xa no Centro Socio Cultural Mingos de Pita de 18 a 20:30 horas.

ree

A exposición foi posta en marcha pola Deputación da Coruña coa colaboración da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños). Precisamente, persoal

desta última acompaña o alumnado dos colexios de Melide en visitas que serven para que

a rapazada se familiarice co valor e a importancia de coidar dos nosos mares. O pasado

18 de novembro visitárona as e os nenos do CEIP Pastor Barral. Onte tocou a visita do

alumnado do CEIP Nº1 e hoxe, xoves 20 de novembro, será a quenda do do CEIP

Martagona.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Nesta exposición as nenas e nenos aprenden máis sobre as vinte e catro especies de odontocetos (cetáceos dentados) que habitan as nosas costas, caso dos golfiños, arroaces, candorcas, cachalotes ou toniñas. Tamén sobre os misticetos, os cetáceos con

barbas, entre os que contamos os rorcuais comúns, as baleas azuis ou os xibartes. Unha

biodiversidade que achega Galicia máis ás características dun literal insular ca

continental.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A exposición Golfiños na Proa pecha en Melide unha xira que xa a levou por Fisterra, Arteixo e Boiro.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page