A exposición 'Bo Camiño' chega a súa décima edición en Arzúa
- Laura Moure
- hace 20 minutos
- 2 min de lectura
O vindeiro luns, 10 de agosto, terá lugar a inauguración na Capela da Madanela
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo a programación cultural de verán co inicio doutra das actividades organizadas para este mes de agosto. O vindeiro luns, 10 de agosto, abrirase a décima edición da exposición colectiva e multidisciplinar Bo Camiño que se poderá visitar na Capela da Madanela. Un total de 25 artistas galegas e galegos profesionais interpretan coas súas obras o Camiño de Santiago a través das súas paisaxes, a súa riqueza patrimonial e espiritualidade.

PUBLICIDADE
A exposición permanecerá aberta ata o 5 de setembro en horario de 19:00 a 21:00 horas de martes a sábados e o acto de inauguración terá lugar o luns 10 de agosto ás 19:30 horas.
PUBLICIDADE
Esta mostra forma parte dun programa de exposicións que o Departamento de Cultura organizou dentro da vixente programación de verán e que roza xa as 2.000 visitas.
PUBLICIDADE
Nesta galería poderase ver, entre outras, as obras das artistas locais Rebeca Novo, Mª José Plata e Silvatiica; e do resto do panorama artístico galego como Antonio Abad, Abel Barandela, Jorge Espiral, Lomarti, Fernando Yáñez ou Camilo Seira. A exposición está comisariada por Cristina Carballedo.
PUBLICIDADE
O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “especialmente á veciñanza a visitar esta mostra que xa se converteu nun referente da programación cultural anual grazas á aposta firme da área de cultura e ao traballo e implicación da comisaria e de todas e todos os artistas que participaron ao longo destos dez anos”.






