top of page

A Escola Municipal de Música de Silleda mantén aberto o segundo prazo de matrícula

As clases darán comezo o luns día 22 nas aulas de Silleda e o martes 23 nas da Bandeira


Laura Moure/Silleda

A Escola Municipal de Música de Silleda volve abrir novo prazo de matrícula este mes de setembro nos seus dous centros, situados en Silleda e na Bandeira. Dito prazo manterase aberto ao longo deste mes. Para formalizar as matrículas as persoas interesadas poden dirixirse as dúas sedes da Escola de Música, no edificio da EMUSI sita na avenida Recinto Feiral ou nas aulas do Auditorio Manuel Dopazo. Tamén se pode contactar por teléfono, no caso de Silleda chamando ao 986 592004 e no enderezo

escolademusicadesilleda@gmail.com; e no caso da Bandeira no teléfono 630

725 617 e o enderezo bandadebandeira@hotmail.com.

ree

O curso 2025-26 comezará nos dous centros nos próximos días (en Silleda o luns 22 e na Bandeira o martes 23 de setembro) , impartíndose asignaturas comúns como así como as distintas especialidades de instrumento. Así, ademais de Música e movemento, iniciación e linguaxe musical, común aos dous centros, en Silleda se imparten clases de oboe, clarinete, frauta, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, percusión, batería, gaita, piano, guitarra, acordeón, harmonía e análise, música de cámara,

banda infantil, e banda xuvenil.


No centro de Bandeira, a maiores das comúns, figuran na oferta oboe, frauta, clarinete, saxo, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, batería, pequebanda, banda xuvenil, linguaxe musical para adultos e grupo de preparación para probas de conservatorio.


As taxas do centro están reguladas segundo a ordenanza municipal, con descontos para irmáns, familias numerosas e persoas con discapacidade. A Escola conta con máis de 200 alumnos e alumnas en total que reciben unha completa formación musical e dos que se nutren as dúas bandas de música do municipio: a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Probas de balde ata outubro

Este ano, o centro ofrece novamente a posibilidade de que os alumnos e alumnas se acheguen a cultura musical con sesións sen custe. Así, ata mediados de outubro os nenos e nenas que o desexen poderán participar nas clases sen compromiso.


Dende o Concello de Silleda agradécese á Escola de Música o gran traballo que realizan ao longo de todo o ano, non só no ámbito da formación senón tamén cas múltiples actividades (campamentos, concertos didácticos, festivais…) que se realizan nos dous centros e que veñen a complementar o curriculum da escola.


Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page