A Escola e a Banda de Música de Antas de Ulla celebran o día 5 o concerto aprazado hai un mes
- ecosdacomarca

- 2 feb 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
A Escola e Banda de Música de Antas de Ulla ofrecerán o concerto que leva por título Unha historia que contar. Será este sábado, 5 de febreiro, ás 19:00 horas na Praza Nova. Cabe mencionar que esta cita musical tivo que ser aprazada hai un mes debido á pandemia.
Durante o acto tamén terá lugar a presentación do libro conmemorativo do 125 aniversario desta banda.

NOTICIA RELACIONADA:






Comentarios