top of page

A Escola de Verán do Pino chega ao seu ecuador cunha alta participación e moitas actividades

Obradoiros creativos, xogos ao aire libre, contacontos e festas temáticas centran a programación


Laura Moure/O Pino

A Escola de Verán do Pino, organizada polo Concello a través da Concellería de Muller e Benestar Social, entra na súa recta final tras un mes e medio de intensa actividade e cunha ampla acollida por parte das familias do municipio. Dende o seu inicio o 23 de xuño e ata finais de xullo, desenvolvéronse xa tres das seis quendas previstas, que contaron con arredor de 250 prazas cubertas.


Este programa de conciliación familiar, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, ten lugar nas instalacións do pavillón de Reboredo e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en Arca. Está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.

A proposta combina o lecer co desenvolvemento de habilidades sociais, culturais e creativas, nun ambiente seguro e adaptado ás distintas idades. Baixo a temática común de

converterse en “exploradores e exploradoras do saber”, a rapazada participa en obradoiros de arte, ciencia, natureza, música ou xogos colaborativos, sempre cun enfoque lúdico e participativo.


As primeiras semanas estiveron marcadas pola diversidade de propostas. As festas da auga, as olimpíadas e os xogos tradicionais convertéronse en actividades especialmente celebradas, mentres que o karaoke, o concurso de talentos e os obradoiros creativos (pinta-caras, tatuaxes, pulseiras…) puxeron en valor a expresión artística e a convivencia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A cativada tamén desenvolveu actividades de cociña, como a elaboración de pizzas con

forma de león ou orixinais debuxos en pan de molde, mesturando creatividade con aprendizaxe práctica. Tamén tiveron lugar contacontos na Casa da Cultura, nos que se

traballaron valores como o respecto, a diversidade e a resolución pacífica de conflitos a

través de historias animadas e participativas.


A programación inclúe saídas que permiten coñecer a contorna e ampliar os espazos de aprendizaxe. Os máis pequenos visitaron a Cidade da Cultura, onde gozaron dunha mañá

de xogos ao aire libre e merenda en grupo. Os grupos medianos e maiores participaron

nunha visita ao Enredo do Abelleiro, onde se achegaron ao mundo da apicultura, viron

colmeas de preto, vestiron traxes de apicultor, elaboraron velas e, como non, probaron

mel.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nas actividades no recinto tamén houbo tempo para retos por equipos, como as Pequefest

Olimpiadas ou o xogo de xeolocalización “GeoGuessr”, nos que tiveron que poñer en

práctica o traballo en grupo, a observación e a imaxinación.


A Escola de Verán continuará nas vindeiras semanas coas dúas quendas previstas en agosto e a última, do 1 ao 5 de setembro, mantendo o mesmo espírito educativo, creativo e participativo que vén marcando a actividade desde o seu inicio.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page