top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Escola de Emprego e Negocios e o Concello de Silleda buscan futuros expertos dixitais

Colaborarán na captación de alumnado para unha novidosa acción formativa como experto/a dixital enmarcada dentro do Plan de Recuperación e Resiliencia do goberno central a través dos fondos europeos Next Generation


Laura Moure/Silleda

A escola de Emprego e Negocios e o Concello de Silleda acordaron colaborar na captación de alumnado interesado en participar nunha novidosa acción formativa desenvolta no marco do programa Xeración Dixital, dirixida á formación de Expertos/as

en transformación dixital, a través do Plan de Recuperación e Resiliencia do goberno central, financiado cos fondos europeos Next Generation.


Publicidade

O compromiso acadado entre ambas entidades pasa por facer chegar toda esta información ao maior número de persoas desempregadas no concello, xa que a participación neste curso vai abrir importantes posibilidades laborais posto que ao rematar, as persoas asistentes formarán parte da bolsa de emprego da Escola de Organización Industrial (EOI) para logo poder incorporarse e traballar en PEMES, integrando as

novas tecnoloxías para mellorar a forma de funcionar. Tamén obterán un diploma certificado pola Universidade de Camilo José Cela (15 créditos ECTC).


De menos de 35 anos

Trátase dun curso de formación para persoas desempregadas, de menos de 35 anos. Para acceder, hai que ter un título universitario ou FP grado superior. Esta acción formativa consta de 150 horas lectivas: 94 horas de clases virtuais en directo e 45 horas presenciais que, grazas ao acordo da Escola de Emprego e Negocios co Grupo 12, se poderán realizar en Silleda sen necesidade de desprazarse a outras cidades ou localidades. Tamén haberá 10 horas de mentorización grupal.

As concelleiras Paula Fernández e Mónica González, que se reuniron coa consultora de formación e desenvolvemento da Escola de Emprego e Negocios, Ana González Costa, agradecéronlle que promovan Silleda como sede para estes cursos, pola importancia que ten a transformación dixital nas pequenas empresas da comarca, posto que axuda a deseñar un modelo de negocio adecuado ao mundo dixital actual.


Publicidade

Nesa xuntanza acordouse o lanzamento de campañas informativas a través da Bolsa de Emprego Municipal, así como dende as redes sociais do concello. Ademais, contactarase cos colectivos municipais con vinculación directa con este tipo de formación para unha distribución efectiva da información.


O curso comeza o 31 de outubro e o prazo de inscrición xa está aberto ata o día 20 de outubro. O número de prazas é limitado. Para máis información, contactar ao 614 228 564, a través do correo electrónico info@escolaemprego.es ou na Concellería de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica no correo emprego@silleda.es



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page