Debido ás altas temperaturas é posible que os podencos estén refuxiados nalgún lugar
Laura Moure/Lalín
A empresa lalinense Aerocamaras está dándoo todo no rescate dos cans atrapados na Palma a causa do volcán. Tras recibir as autorizacións pertinentes este martes, a firma dezá comezou a traballar. "Esta mañá fixemos voos de recoñecemento da zona onde se atopaban os cans, pero polo momento non obtivemos ningún rastro", informa Aerocamaras.
Ademais, sinala que dende Leales.org cren que debido ás altas temperaturas é posible que os podencos estén refuxiados nalgún lugar. "O noso obxectivo actual é facer batidas por toda a área, as horas e os días que fagan faltan apoiándonos na cámara termográfica e outra de 30 aumentos". Tiña previsto estar hoxe ata a noite facendo recoñecemento por todas a zona cos seus drons.

NOTICIAS RELACIONADAS:
Commenti