top of page

A empresa Culinaria, de Silleda, lidera un proxecto para garantir a seguridade alimentaria mediante IA

A iniciativa está impulsada por un consorcio de catro empresas, dúas delas de Deza, e a través dela búscase predicir e controlar os riscos microbioanos na alimentación


Laura Moure/Silleda

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, visitou onte en Silleda a empresa do sector da alimentación Culinaria, beneficiaria do programa Nexos, unha iniciativa da Xunta destinada a impulsar proxectos de I+D+i en colaboración con empresas. O titular de Ciencia do Goberno Galego, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, puido coñecer de primeira man o proxecto FoodMicrobIA, co que se busca predicir e controlar os riscos microbioanos na alimentación co apoio da Intelixencia Artificial (IA) e, deste xeito, garantir a seguridade e a calidade alimentaria de forma rendible, rápida e eficaz.

A iniciativa, que conta cun orzamento global de 1,38 millóns de euros dos que máis do 50% (en concreto, 767.602 euros) son achegas do programa Nexos ao abeiro dos fondos europeos Galicia Feder, está promovida por un consorcio de catro empresas lideradas pola silledense Culinaria. Neste consorcio tamén participan a firma Proquideza, con sede en Lalín, a peme compostelá Dimensiona Consultoría Tecnolóxica,  e Gradhoc Smart, con sede en Bergondo. A maiores, contan co apoio dos centros tecnolóxicos AINIA, con sede en Vigo, e ImasD Agroalimentaria.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Román Rodríguez destacou o carácter innovador deste proxecto, que emprega tecnoloxías profundas como a intelixencia artificial para abordar os desafíos da industria alimentaria. destacou que este é “un bo exemplo” da importancia da colaboración entre administración, pemes e centros tecnolóxicos e de investigación no desenvolvemento de proxectos de I+D+i que, coma este, “reforcen a competitividade e a capacidade innovadora do tecido produtivo galego e contribúan, así, ao crecemento da economía galega”.


Precisamente, ese é o obxectivo da convocatoria Nexos da Xunta que está a apoiar o desenvolvemento de 37 proxectos de I+D+i, nos que participan 138 empresas cun investimento público de 22,6M€, a través do que se agarda mobilizar un total de 39,75M€ ata 2028 en ámbitos estratéxicos para Galicia como o agroalimentario.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Agroalimentación, tecnoloxía e hixiene

O obxectivo de FoodMicrobIA é a aplicación da microbioloxía preditiva apoiándose na IA. Para elo, están a integrar sistemas de intelixencia artificial para a monitorización continua en planta capaces de detectar signos temperáns de contaminación en tempo real, desenvolvendo modelos de transferencia de calor, control preditivo avanzado e monitorización en hixienización adaptados dinamicamente aos riscos identificados polos algoritmos de IA en entornos críticos e establecendo novas canles de comunicación coas persoas traballadoras mediante chatbots adaptados que faciliten o intercambio de información crítica sobre o risco microbiolóxico e as ferramentas para minimizalo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O consorcio que o desenvolve está integrado por empresas dos sectores agroalimentario, TIC e química. Culinaria, líder da iniciativa, é unha empresa silledense especializada en servizos de alimentación, cunha clara vocación social e orientada a dar resposta ás necesidades alimentarias das persoas ao longo das distintas etapas da vida, desde a infancia ata a vellez. Actualmente, produce máis de 25.000 pratos diarios e conta cun equipo de 350 profesionais.


Pola súa banda, a peme compostelá Dimensiona Consultoría Tecnolóxica, recoñecida co selo de Peme Innovadora, dedícase a actividades de consultoría e servizos no ámbito das TIC. Gradhoc Smart, con sede en Bergondo, especializada en refrixeración comercial e industrial, ofrece solucións tecnolóxicas para avanzar na transición cara á Industria 5.0.

Proquideza, con sede en Lalín, é especialista no deseño e fabricación de produtos químicos de limpeza e desinfección orientados aos sectores agroalimentario, alimentario, automoción, mantemento e industrial.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tamén intervén o centro tecnolóxico AINIA, centrado no ámbito da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector alimentario, cosmético, químico e de envases; así como o centro de investigación privado ImasD Agroalimentaria.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page