top of page

A EFA Piñeiral levará á Festa do Melindre de Melide elaboracións e presentacións da repostaría

5 may 2022
2 min de lectura

O alumnado e profesorado do ciclo medio de panadaría, pastelaría e repostaría serán

os encargados de realizar e liderar as propostas e promoción no punto de venda


Laura Moure/Arzúa/Melide

Unha edición máis o centro de formación profesional de Arzúa, Efa Piñeiral, acudirá á súa cita coa Festa do Melindre de Melide. Un evento, no que o alumnado do ciclo de formación profesional da área de industrias alimentarias serán os encargados de liderar a actividade que se realice no stand da Efa Piñeiral durante a mañá do domingo e de executar as elaboracións dun showcooking.

O centro arzúan protagonizará xunto coa EFA A Cancela das Neves e o CIFP Vilamarín de Ourense a “Demostración Doce” o xoves 5. O showcooking consiste na demostración e degustación das elaboracións de sobremesas propias, elaboradas polo alumnado dos tres centros educativos. A Efa Piñeiral propoñerá “Timbal de rico, chocolate e limón” e unha “Tatin de mazá con crumble de rico”. O timbal é unha aposta de alta repostaría mentras que o tatin é unha proposta inspiracional, facilmente incorporable a calquer proposta de restauración.


O stand da Efa Piñeiral acollerá o domingo pola mañán a exhibición de sobremesas feitas polos alumnos do ciclo que pretenden ser unha homenaxe á versatilidade dos melindres, ricos e amendoados e que adoptarán orixinais presentacións coas que o alumnado do ciclo da Efa Piñeiral espera sorprender a asistentes e profesionais. Deste xeito de 12:00 a 14:00 horas realizarase a demostración e venda da elaboración das “Galetras”: galletas feitas con masa de rico.


“A festa do Melindre é unha cita na que render tributo ó excelente produto tradicional da nosa terra, pero tamén unha homenaxe ós profesionais do sector da repostaría e ó seu bo facer, responsable de que o prestixio da profesión vaia en aumento e en consecuencia a alta demanda laboral de profesionais da repostaría e confeitaría ”, indica Ana Saavedra Garcia, directora do centro de formación profesional".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page