A EFA Piñeiral de Arzúa acolle a primeira xornada do curso 'Tendencias en agromárketing"
- Laura Moure
- 15 mar 2024
- 2 Min. de lectura
Está promovido pola Fundación Juan de Vega en colaboración coa Rede Eusumo
Laura Mouure/Arzúa
Este xoves o centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral (Arzúa) acolleu a primeira sesión do curso Tendencias en agromárketing promovido pola Fundación Juana de Vega e a Rede Eusumo. Trala benvida oficial a cargo de José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega, tiveron lugar tres sesións formativas.

A primeira delas correu a cargo de José Manuel Suárez da empresa consultora #IuniStrategics. Suárez puxo o foco na relevancia da diversificación, escalabilidade, innovación e cooperación para para acadar proxectos de éxito cos recursos agroalimentarios. “O máis importante para emprender é o cliente; existe unha empresa porque existe un cliente, non porque teñamos un produto, polo que coñecer, estudar e identificar as necesidades do mesmo é a pedra angular de calquera iniciativa próspera”, afirmou na súa intervención.
Publicidade
Na mesma liña continuou o profesor da USC e CEO de PeMárketing José Ramón Porto na súa sesión. Porto esbozou as claves do plan de márketing que deben abordar as iniciativas para “coñecer ó máximo ó cliente, o que nos garantizará minimizar erros e sobre todo custos”. A súa intervención rematou desvelando ferramentas e consellos sobre o emprego da intelixencia artificial como recurso altamente competitivo para as estratexias de márketing e contidos.
A terceira actividade do programa protagonizouna Luis Feijoo, responsable de El Fotogastro. Feijoo desvelou tips para conseguir que as instantáneas do produto canalicen todo o valor dos mesmos e axuden á súa diferenciación.
Publicidade
Este venres continúan as xornadas cun taller sobre márketing de influencers coas responsables da axencia Lasdossomos, e a mesa redonda das cooperativas Queso Campo Capela, Asociación Rainha Paraiso, Ericamel e Muuhlloa .
Pechará as xornadas a visita ás instalacións de Milhulloa en Palas de Rei.
Comments