A divulgación dos oficios artesanais nunha nova edición de ‘Artesanía de Galicia en Merza’
A xornada, en colaboración co obradoiro Eferro, reúne dez talleres inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia especializados en diferentes oficios e técnicas artesanais
Laura Moure/Vila de Cruces
A Fundación Artesanía de Galicia celebra o sábado unha nova edición de Artesanía de Galicia en Merza, unha iniciativa organizada en colaboración co obradoiro Eferro que reúne profesionais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Contou coa participación de dez obradoiros especializados en diferentes ámbitos, entre eles a bixutería, o macramé, a xoiería, a calceta, o tinguido artesanal téxtil e a encadernación.
PUBLICIDADE
Na xornada participaron os obradoiros Como Pez en el Agua e Nai Diseños, de Vigo; Amora Artesanía, de Crecente; Elgoal, da Rúa; Latonqueen, de Santiago de Compostela; Materia Botánica, de Vilagarcía de Arousa; Pilar Blanco, do Obradoiro Hedra, de Vilaboa; Serendipia Creativa, de Viana do Bolo; Silvereira, de Ames, e Simedalana, de Ponteareas.
PUBLICIDADE
A programación incluíu tamén un obradoiro de bordado sobre papel impartido por Xenuina, de Santiago de Compostela. A actividade é gratuíta e celébrase o segundo sábado de cada mes.









Comentarios