top of page

A Deputación pon en valor o compromiso do movemento veciñal de Agolada no +Convivir

hace 19 minutos
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Agolada

A Deputación de Pontevedra organizou este sábado unha xornada de convivencia e homenaxe ao movemento veciñal de Agolada no marco do programa +Convivir deste 2026. O deputado provincial Ricardo Martínez participou nas actividades que tiveron lugar no CEIP Plurilingüe da localidade e "nas que se deron cita preto de 300 persoas", unha cifra que sinalan dende o ente provincial.

Ricardo Martínez lembrou que esta xornada forma parte da terceira edición do programa, que está a percorrer a xeografía provincial “para poñer en valor a importancia de xuntarnos, de tecer lazos e xerar espazos de encontro para impulsar o avance desta provincia extraordinaria”. O deputado provincial definiu +Convivir como “unha tarde única de convivencia, aprendizaxe e diversión” coa que agradecer “o voso compromiso e a vosa implicación para dinamizar a vida social e cultural de Agolada”, e que vai na liña da senda de recuperación do contacto co tecido asociativo da provincia con programas como Provincia Comunitaria, +Aqua ou +Novaqua.


Durante esta xornada lúdica no CEIP Plurlingüe de Agolada, tamén houbo lugar para a aprendizaxe. Neste eido, desenvolveuse unha charla sobre alzhéimer a cargo de AFAPO, outro de primeiros auxilios con Manuel Viso e unha actividade de ximnasia de mantemento. Completouse a sesión do programa da Deputación de Pontevedra +Convivir con música a cargo dun DJ e cun refrixerio para as persoas asistentes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A terceira edición de +Convivir arrancou este mes de setembro en Cangas de Morrazo e tralo seu paso por Poio, As Neves, Marín e Agolada continuará neste 2026 en Cuntis, Rodeiro, Ponteareas, A Estrada, Meaño, Vilaboa, Salvaterra de Miño e Valga.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Nas dúas anteriores edicións desta iniciativa da Deputación para poñer en valor o compromiso do goberno provincial co tecido asociativo e veciñal e para enxalzar o papel que este desenvolve no avance da provincia participaron un total de máis de 10.000 persoas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page