top of page

A Deputación leva hoxe a Agolada, Rodeiro e Cruces os contacontos ilustrados sobre Begoña Caamaño

“As letras de Begoña Caamaño” porá en valor a figura da xornalista e escritora homenaxeada neste 2026 pola Real Academia Galega en 35 concellos da provincia


Laura Moure/Deza

A  Deputación de Pontevedra leva este luns 29 de xuño ata Agolada, Rodeiro e Vila de Cruces a xira de contacontos ilustrados e musicados “As letras de Begoña Caamaño”. Trátase dunha iniciativa cultural que chegará a 35 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para poñer en valor a figura da xornalista e escritora homenaxeada neste 2026 pola Real Academia Galega.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O contacontos, que terá lugar ás 10:30 horas na Casa da Cultura de Rodeiro, ás 13:00 horas no Pavillón municipal de Vila de Cruces e ás 18:00 horas nos Pendellos de Agolada, está dividido en tres partes, nas que se alternará a narración da biografía de Begoña Caamaño, a realización dunha ilustración e de distintas interpretacións musicais. A continuación xerarase un debate arredor da figura homenaxeada nas Letras Galegas deste ano e rematarase cun obradoiro no que todas e todos os asistentes realizarán unha caricatura da autora. 

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Begoña Caamaño desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional na Radio Galega, onde traballou nos servizos informativos e culturais e dirixiu programas como Andando a Terra ou Club Cultura, caracterizándose sempre por un xornalismo comprometido coa realidade social galega. Como escritora, acadou un gran recoñecemento con novelas como Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012). Ademais da súa faceta literaria e xornalística, destacou polo seu compromiso co feminismo, coa defensa da lingua galega e coa participación en movementos sociais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page