top of page

A Deputación leva este venres a Dozón “Mesura”, un espectáculo de danza para todos os públicos

Será a cargo de Raquel Ferradás e terá lugar no CEIP Pío Cabanillas Gallas


Laura Moure/Dozón

A Deputación de Pontevedra leva este venres 15 de maio a Dozón unha nova edición do circuíto +Escénicas, unha iniciativa da institución provincial que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Nesta ocasión, trátase do espectáculo de danza “Mesura”, a cargo da Raquel Ferradás, que se representará no CEIP Pío Cabanillas Gallas a partir das 16:00 horas.

Mesura. Fonte: Amarelo Distribución Escénico.
Mesura. Fonte: Amarelo Distribución Escénico.

“Mesura” constitúe un baile á espera nos diferentes momentos na vida. O mar terá un papel protagonista nos movementos de Ferradás, simbolizando tanto cando está en calma e tranquilo como cando as ondas irrompen sen aviso. O espectáculo transmite a continua transformación dos mares desesperados, que arrastran penas e as fan avanzar de forma automática ou consciente, e que traen correntes de aire que poden afogar ou devolver un aroma fresco a salitre.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional levaba facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira e da segunda edición, a institución provincial volve programar un novo ciclo desta iniciativa, que medrou o seu orzamento nun 36% desde a súa posta en marcha, contando nesta anualidade con 204.000 euros.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Cada concello puido solicitar ata cinco actuacións de teatro e danza entre as dispoñibles no catálogo de +Escénicas, que inclúe máis de 600 propostas, en réxime de cofinanciamento: a Deputación asume o 90% nos concellos de menos de 5.000 habitantes, o 80% nos concellos de entre 5.000 e 10.000, e o 70% nos de entre 10.000 e 20.000 habitantes. As funcións terán lugar ata o 31 de marzo de 2027.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page