top of page

A Deputación distinguirá ao Concello de Silleda nos Premios de Boas Prácticas en Igualdade

A entrega será en novembro e nelas serán recoñecidas entidades de Cambados, Cangas do Morrazo, A Lama, Marín, Moaña, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilagarcía de Arousa


Laura Moure/Silleda

A Deputación de Pontevedra distinguirá un total de 11 entidades da provincia, entre eles o Concello de Silleda, na segunda edición dos Premios de Boas Prácticas en Igualdade, cos que a institución provincial busca recoñecer aquelas persoas e entidades que realicen actividades, proxectos ou programas que destaquen na consecución da igualdade de xénero e a erradicación da violencia de xénero. A cerimonia de entrega dos galardóns, que repartirán 16.000 euros nos eidos da cultura, do deporte, da educación e do medio social, terá lugar durante o mes de novembro.

Frases pintadas de igualdade 8M concello de Silleda no ano 2023.
Frases pintadas de igualdade 8M concello de Silleda no ano 2023.

Na categoría de mellor iniciativa social o primeiro premio recae na Morada Nosa (Vigo) e o accésit á Fundación Érguete-Integración (tamén de Vigo). Na categoría de mellor iniciativa cultural, recibe o primeiro primeiro premio a Asociación Civio Cultural Xiria (Cangas do Morrazo) e o accésit a Asociación Teatro Compañía Caracol (Cambados). Na categoría de mellor iniciativa deportiva, o primeiro premio vai parar a Traviesas Hockey Club (Vigo) e o accésit á Asociación Libélulas BCS Pontevedra. Na categoría de mellor iniciativa educativa, a Deputación distingue co primeiro premio o CEIP Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa e co accésit o CEIP Plurilingüe Domaio (Moaña). Ademais, outorgaranse tres distincións honoríficas ao Centro Penitenciario da Lama, o Concello de Silleda e o Centro de Información á Muller de Marín.


Os Premios de Boas Prácticas en Igualdade recoñecen aquelas entidades ou persoas físicas que realicen actividades ou proxectos sobre a igualdade de xénero ou a erradicación da violencia de xénero, tamén destinadas a romper cos estereotipos de xénero ou que incorporen a igualdade de oportunidades en proxectos educativos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A proposta gañadora de cada categoría recibe unha gratificación de 3.000 euros, mentres que os accésit reciben 1.000 euros. As mencións honoríficas entréganse a persoas físicas, entidades locais, entidades sociais e organismos públicos que desenvolvan unha traxectoria inapelable a prol da igualdade entre mulleres e homes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page