A Deputación destinará máis de 80.000 euros para mellorar a instalación hidráulica da piscina de Dozón
- Laura Moure

- hace 6 horas
- 2 Min. de lectura
López sinalou que se trata de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas cos que se poderán corrixir as perdas de auga que se producen na piscina grande
Laura Moure/Dozón
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que o Concello de Dozón recibirá unha achega de máis de 80.000 euros co obxectivo de mellorar a instalación hidráulica da súa piscina municipal. Trátase dunha axuda do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de 8 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, que grazas a estes recursos “poden sumarse á provincia do deporte”, asegurou Luis López.

O obxectivo principal das actuacións é corrixir as constantes perdas de auga que se producen na hidráulica actual, garantindo así unha instalación máis eficiente e moderna. As obras permitirán mellorar a recirculación do sistema e as tubaxes de impulsión da auga, así como realizar un novo canal rebosadeiro e tamén mellorar e impermeabilizar o vaso de compensación.
PUBLICIDADE
O proxecto tamén inclúe a automatización da entrada de auga, dotando a piscina de sensores e electroválculas, e a remodelación da acometida de auga de todos os demais sectores do edificio (vestiarios, duchas exteriores, piscina pequena e rego da zona axardinada).
PUBLICIDADE
Luis López sinalou que “non hai Xunta de Goberno na que non afondamos na prioridade que debe ter unha institución coma esta: a cooperación cos concellos”. O presidente da Deputación asegurou que o PEID permite que os concellos conten con “infraestruturas municipais preparadas para acoller competicións de todas as modalidades e disciplinas, e clubs que fomentan a práctica deportiva desde a canteira ata a elite”.








Comentarios