top of page

A Deputación destina preto de 65.000 euros ao acondicionamento do núcleo da Costa, en Agolada

O deputado Javier Tourís visitou o concello e anunciou que este venres se aprobará en Xunta de Goberno unha achega do Plan +Provincia para mellorar a rede viaria e de saneamento da zona

Laura Moure/Agolada

O deputado provincial Javier Tourís visitou este mércores Agolada, onde anunciou que a Deputación de Pontevedra se encargará de financiar integramente o acondicionamento do núcleo rural da Costa. A Xunta de Goberno do organismo provincial aprobará este venres unha achega de preto de 65.000 euros para sufragar esta actuación enmarcada no Plan +Provincia 2026-2027, que destinará a Agolada preto de 1,2 millóns de euros sumando as catro liñas de 2026 e a liña 1 de 2027, á que este ano se pode acceder anticipadamente.

Na actualidade as rúas do núcleo da Costa incluídas na actuación atópanse deterioradas debido ao paso do tempo e ás cargas derivadas do tráfico. Como solución mellorarase a rede viaria, para o que será necesario a demolición do pavimento actual e a posterior execución dun novo de formigón.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Previamente, realizaranse as operacións de corte e demolición do pavimento existente, o desmonte do terreo, etc., e, á súa vez, proxéctase a execución da rede de saneamento, mediante a apertura de gabias e a colocación de tubaxe enterrada.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

Javier Tourís puxo en valor que cos recursos provinciais “estamos dando resposta ás demandas dos concellos, que poden facer realidade proxectos que melloran a calidade de vida da súa veciñanza”. Neste sentido, o deputado sinalou que a través de plans como o +Provincia, a Deputación “está a impulsar actuacións tan relevantes como estas que hoxe anunciamos en Agolada, que melloran servizos e infraestruturas fundamentais no día a día da xente”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page