top of page

A Deputación destina preto de 18.000 € á posta en valor da senda turística da Fervenza do río Toxa

Enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza e Tabeirós Terra de Montes. Os camiños por dentro, financiado con algo máis de 2 millóns de euros dos fondos NextGeneration


Laura Moure/Silleda

A Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde a un convenio co Concello de Silleda por valor de preto de 18.000 € para poñer en valor a senda turística da Fervenza do río Toxa. Trátase dunha actuación enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Os camiños por dentro, financiado con algo máis de 2 millóns de euros dos fondos NextGeneration.

A través desta iniciativa prevese adecuar, mellorar e poñer en valor un itinerario moi vinculado a recursos naturais do destino como é a senda da Fervenza do río Toxa, favorecendo un uso sostible do territorio e mellorando a experiencia das persoas visitantes mediante a incorporación de elementos de sinalización turística interpretativa e direccional. Ademais, incorporaranse recursos que contribúan á mellora da accesibilidade, orientación e interpretación do itinerario, co obxectivo de facilitar a comprensión dos recursos naturais e culturais asociados e de poñer en valor o patrimonio de Silleda.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza e Tabeirós-Terra de Montes caracterízase pola potenciación dos recursos naturais e culturais do territorio para estruturar unha oferta atractiva e singular arredor dos camiños xacobeos das comarcas, que garanten unha máis alta permanencia no destino e unha mellora na calidade da experiencia.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A través deste plan estase a transformar o destino cun maior aproveitamento dos recursos do territorio, a mellora das infraestruturas e a activación de novas iniciativas para a súa posta en valor, con produtos e actividades orientadas a persoas viaxeiras interesadas no ecoturismo e nunha experiencia de achegamento á identidade do territorio.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page