top of page

A Deputación destina a Lalín 1,7 M € para mellorar camiños nas áreas parroquiais

Laura Moure/Lalín

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno sete achegas por valor de preto de 1,8 millóns euros para os concellos de Forcarei e Lalín no marco do Plan +Provincia 2026-2027, que este ano reparte 85 millóns de euros para que concellos de menos de 50.000 habitantes poidan realizar investimentos, afrontar gasto corrente e contratar persoal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O presidente provincial, Luis López, anunciou que Forcarei contará con máis de 80.000 € para renovar o pavimento na rúa do Meixueiro, en Soutelo de Montes, e Lalín con máis de 1,7 M € para mellorar camiños nas áreas parroquiais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Máis polo miúdo, en Forcarei o proxecto na rúa do Meixueiro, en Soutelo de Montes, consiste na renovación do pavimento asfáltico deteriorado e das marxes en terra para crear unha plataforma única sinalizada como rúa residencial con prioridade peonil. A intervención inclúe a demolición do firme actual, escavación, colocación dunha base granular e execución dun novo pavimento de formigón cunha banda de adoquín e acabado táctil para delimitar o itinerario accesible, complementándose con nova sinalización vertical e horizontal de tráfico.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola súa parte, en Lalín o proxecto busca mellorar e acondicionar os accesos viarios en diversos núcleos e lugares, tales como Villaflores, Lodeiro, O Outeiro-Anzuxao, Bendoiro, Amboade, O Souto, Alemparte, A Devesa de Arriba, Quintela, Vilameá, Regufe, Botos, Pareizo, A Grela, Méixome, Vilar do Xistal, Moneixas, Palio, Santiso do Fondo, A Veiga, Alfonselle, Lalín de Arriba, O Campo, Gondufe ou Vilanova, co fin de garantir a seguridade e a debida prestación do servizo público viario.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para iso, proxéctanse actuacións que inclúen a extensión de aglomerado asfáltico en quente e pavimentacións de formigón armado noutros treitos, xunto coa limpeza de cunetas nas marxes, o perfilado de taludes, a execución de drenaxes transversais, o revestimento de cunetas e o repintado da sinalización viaria.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“Como todas as semanas seguimos avanzamos no reparto dos 85 millóns de euros cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, sinalou Luis López.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page