top of page

A Deputación de Pontevedra levará a Cruces e Silleda obradoiros sobre benestar emocional e saúde mental

Levaranse a cabo un total de 34 accións formativas en centros educativos centradas en temáticas como as autolesións, a diversidade e imaxe corporal ou o acoso


Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra levará a un total de 19 centros de ensino da provincia o seu novo programa de apoio á mocidade, En plan ben. Os centros, pertencentes a concellos de reto demográfico, acollerán a partir do próximo mes de marzo un total de 34 obradoiros sobre benestar emocional e saúde mental con actividades deseñadas para os grupos que compoñen a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias. En plan ben: aulas saudables aborda a saúde mental e a aceptación desde unha perspectiva preventiva que busca evitar a estigmatización dos trastornos mentais e reducir a incidencia de problemas psicolóxicos e condutas de risco entre adolescentes.

Os 19 centros de ensino beneficiarios atópanse nos concellos de Barro (IES de Barro, 2 obradoiros), Bueu (IES Illa de Ons e IES Johan Carballeira, 2 obradoiros cada un), Caldas de Reis (IES Plurilingüe Aquis Celenis, 2 obradoiros), A Cañiza (IES da Cañiza e CPI da Cañiza, 2 obradoiros cada un), Cerdedo-Cotobade (IES de Cotobade, 2 obradoiros), A Illa de Arousa (IES A Illa de Arousa, 2 obradoiros), Meaño (IES de Meaño, 1 obradoiro), As Neves (IES Pazo da Mercé, 2 obradoiros), Ponte Caldelas (IES de Ponte Caldelas, 2 obradoiros), Salceda de Caselas (IES Pedras Rubias, 2 obradoiros), Sanxenxo (IES de Sanxenxo, 1 obradoiro), Salvaterra de Miño (IES de Salvaterra de Miño, 2 obradoiros), Silleda (IES Pintor Colmeiro, 2 obradoiros), Tomiño (IES Antón Alonso Ríos, 1 obradoiro), Vila de Cruces (IES Marco do Camballón,1 obradoiro) e Vilanova de Arousa (IES Faro das Lúas, 2 obradoiros).


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

No marco de En plan ben o alumnado recibirá obradoiros sobre autolesións e prevención de condutas de suicidio, a imaxe corporal e trastornos de conduta alimentaria, o acoso escolar e ciberacoso, as consecuencias da pornografía e outras violencias sexuais e o uso de substancias e condutas abusivas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Para o profesorado os obradoiros centraranse na promoción do benestar, na identificación de riscos ou na abordaxe de problemas, mentres que para as familias ou as ANPA nos obradoiros se analizarán a saúde mental no fogar, a comunicación asertiva cos menores ou a convivencia positiva. Unha vez feitas as avaliacións iniciais de cada centro educativo adaptarase o programa ás súas necesidades e decidirase a temática do obradoiro ofertado.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

En plan ben xorde do I Plan estratéxico de xuventude da Deputación de Pontevedra, no que se identificou a necesidade de promover a prevención de conductas de risco a través da oferta de ferramentas á mocidade debido ao crecente aumento dos problemas de saúde mental. En plan ben: aulas saudables tamén busca potenciar a súa madurez emocional e fortalecer a rede de apoio nunha etapa crucial das súas vidas.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page