top of page

A Deputación de Pontevedra inicia o programa Foco Xuventude cun obradoiro sobre saúde mental

Participará persoal técnico dunha trintena de concellos, entre eles Silleda


Laura Moure/Silleda

A Deputación de Pontevedra celebra a grande acollida do obradoiro sobre saúde mental do novo programa Foco Xuventude, un ciclo que busca reforzar a competencia técnica e a calidade dos servizos dirixidos á mocidade nos concellos da provincia de Pontevedra. Unha vez pechado o prazo de inscrición esgotáronse as 30 prazas dispoñibles, o que se traducirá na participación de persoal técnico dun total de 27 concellos da provincia.

“Construíndo benestar: estratexias en saúde mental” celebrarase os días 26 de xaneiro e 2 de febreiro, e estará impartido polo Doutor en Psicoloxía Joaquín Dosil para proporcionar coñecementos e ferramentas prácticas para a promoción da saúde mental entre a mocidade, a detección temperá de indicadores de risco e o manexo de primeiras respostas. Participará persoal técnico dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cambados, Cangas do Morrazo, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Lama, Meis, Mondariz-Balneario, Mos, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Portas, O Rosal, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior e Vilanova de Arousa.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O obradoiro iniciarase cunha xornada teórica en modalidade telemática na que se analizarán as xeracións actuais da sociedade, as dificultades relacionais nas distintas etapas da vida, comportamentos de riscos e trastornos, o impacto das redes sociais no día a día e a neurodiverxencia. A xornada práctica será presencial, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación, e nela abordarase o contexto para o traballo con persoas de risco, a prevención de situacións de risco e a intelixencia emocional, e tamén se farán xogos de rol de entrevistas a familias e mozos con dificultades.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O ciclo Foco Xuventude está enmarcado no I Plan Estratéxico de Xuventude da Deputación e busca dar apoio técnico ao persoal dos municipios dando resposta á súa solicitude de formación en temas esenciais para mellorar, por unha banda, o asesoramento que presta á xuventude e, pola outra, a orientación das súas iniciativas. O ciclo está dirixido principalmente ao persoal de Xuventude e OMIX, pero tamén de Servizos Sociais, Cultura ou áreas afíns nos concellos que non conten con persoal específico.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A programación de Foco Xuventude está deseñada para reforzar a competencia técnica e a calidade dos servizos dirixidos á mocidade nos concellos da provincia, e continuará proximamente con accións centradas nas novas tecnoloxías e os programas europeos. A Deputación de Pontevedra promove así unha formación de calidade que impulse o coñecemento sobre a realidade xuvenil, para optimizar os recursos e actuacións dirixidas a este colectivo.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page