top of page

A Deputación de Pontevedra abre hoxe o prazo para solicitar as visitas a granxas escola de 'Vive o Rural'

Entre elas figura a de Fervenzaventura en Silleda


Laura Moure/Silleda

A Deputación de Pontevedra abre este luns 1 de decembro o prazo para solicitar as visitas ás granxas escola da provincia no marco do programa Vive o Rural. Esta nova edición desta iniciativa posta en marcha polo goberno de Luis López, na que poderá participar o alumnado dos centros escolares públicos dos concellos de menos de 20.000 habitantes, contará este ano con 80.000 euros. Trátanse de 20.000 € máis de orzamento respecto á segunda edición do programa, en resposta á grande acollida da convocatoria e para dar cabida a un maior número de beneficiarios.

Poderán gozar do programa Vive o Rural tanto os propios centros (de educación infantil, primaria e secundaria) como as ANPA legalmente constituídas, que recibirán ou máximo de 1.250 euros (25 € por alumno ata un máximo de 50) co obxecto de financiar o custo das entradas ás instalacións (que poden incluír a comida) e os gastos de desprazamento en transporte colectivo. As solicitudes poderanse realizar durante o período de vixencia da convocatoria ata o esgotamento do crédito dispoñible., e as saídas realizaranse en calquera das cinco granxas escola situadas na provincia: Serantellos (en Cambados), Fervenzaventura (en Silleda), Kiriko (en Fornelos de Montes), Corazón de Carballo (en Tomiño) ou Río Mouro (en Poio).


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Nas saídas de Vive o Rural realizaranse actividades de toma de contacto cos animais, labores da horta, obradoiros educativos ou xogos, todas elas coa finalidade de que a rapazada se achegue á realidade das actividades agrícolas e gandeiras e adquira coñecementos prácticos sobre a produción local, as características dos cultivos, a vida dos animais, o coidado do medio natural e a valorización do sector primario.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, neste programa provincial tamén se afondará na posta en valor do mantemento da biodiversidade, da paisaxe e da tradición agraria como elemento de identidade da cultura da provincia. Ata a data foron xa 3.900 nenas e nenos e mozas e mozos da provincia os que gozaron deste programa de saídas educativas a granxas escolas.




 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page