top of page

A Deputación concede preto de 32.000 euros ao Concello de Rodeiro para cubrir a súa pista de pádel

Ecos da Comarca/Rodeiro

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar preto de 32.000 euros ao Concello de Rodeiro para que o Goberno local faga fronte á construción dunha cuberta para a súa pista de pádel. Trátanse da totalidade dos recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que correspondían a Rodeiro e que repartiron xa máis de 2,4 millóns de euros entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.


Publicidade

Grazas a esta achega de 31.764,58 euros, o Concello de Rodeiro afrontará a dotación dunha cuberta para esta infraestrutura situada a carón do polideportivo municipal, no núcleo urbano da vila, co obxectivo de poder estender o seu uso a todos os momentos do ano protexéndoa das condicións meteorolóxicas que imposibilitan o seu xogo ao aire libre. Será unha cuberta flexible, que permitirá a súa expansión no futuro no caso de que a propia instalación medre. A cuberta contará con proteccións contra o vento e a chuvia que permitirán a entrada de luz e ventilación, e a súa forma curva non só incidirá na súa estética senón nunha maior resistencia e duración.


Publicidade

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación mobilizou ata o momento máis de 2,4 dos 4 millóns de euros do orzamento total, con achegas para Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page