top of page

A Deputación aproba 600.000 € para que Lalín adquira terreos para a construír a Gran Praza

Esta contía forma parte dos recursos que lle corresponden ao concello no marco do Plan +Provincia, “o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”, subliña o presidente


Laura Moure/Lalín

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha axuda por valor de preto de 600.000 € para que o Concello de Lalín adquira terreos para a construción da gran praza. Esta contía, tal e como informou o presidente provincial Luis López, forma parte dos recursos que lle corresponden ao concello no marco do Plan +Provincia, que dotado de 85 millóns de euros tense convertido no “ plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”.

Cos recursos provinciais, o goberno local investirá na adquisición de terreos no centro neurálxico de Lalín, na zona da Praza da vila e a igrexa de Santa María das Dores, que abrangue unha superficie de 2.900 metros cadrados, para a configuración dunha gran praza que constitúa un espazo singular e representativo, para estancia e paseo da veciñanza.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O obxectivo é ampliar os espazos libres e zonas verdes públicas nunha contorna pola que tamén discorre o trazado do Camiño de Inverno, unha das rutas do Camiño de Santiago que atravesan a provincia.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A contía aprobada en Xunta de Goberno da Deputación para Lalín súmase a outros preto de 300.000 € que o goberno provincial aprobou tamén esta semana ao abeiro do Plan +Provincia para o Concello de Ponteareas, que destinará á rede de saneamento da Freixa, O Souto e O Eido, en Ribadetea.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page