top of page

A Deputación aproba 1,3 millóns € para a construir unha nova ponte sobre o río Mandeo en Sobrado

Laura Moure/Sobrado dos Monxes

A Deputación da Coruña publica onte, luns, no Boletín Oficial da Provincia o proxecto actualizado das obras de construción da nova ponte no punto quilométrico 3+100 da estrada DP 8001 sobre o río Mandeo, no termo municipal de Sobrado dos Monxes. O proxecto foi aprobado por unanimidade de todos os grupos no pleno provincial o pasado mes de xuño.

O orzamento das obras increméntase ata 1.336.394, 95 euros, despois de que a última licitación quedara deserta por falta de ofertas. Os traballos previstos completarán as obras de ancheamento e mellora da seguridade xa executadas pola Deputación no resto do vial, que pasou dunha anchura de entre 4 e 5 metros aos 8 metros de plataforma, mellorando notablemente a súa seguridade.


A ponte actual (de 12 metros de longo e unha anchura de apenas 5 metros, o que impide o uso do vial nos dous sentidos de circulación simultaneamente) será demolida para ser substituída por unha nova de vigas prefabricadas sobre formigón armado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta mellora permitirá dotar á ponte dunha plataforma de máis de 9 metros, con carrís de circulación de 3,5 metros en cada sentido, bermas de 0,50 metros e unha beirarrúa de 1,80 metros de ancho para facilitar a circulación peonil sobre a ponte en condicións de seguridade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O proxecto inclúe a renovación da sinalización e os sistemas de contención da estrada e a restauración paisaxística da zona, incluíndo a demolición dos tramos de estrada que quedan fóra do novo trazado e a revexetación dos mesmos con especies arbóreas autóctonas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page