A Deputación adxudica por 185.000 € as obras de mellora na Vía da Prata ao seu paso pola Bandeira
- Laura Moure

- hace 7 minutos
- 2 Min. de lectura
Construcciones y Obras Taboada y Ramos, S.L.U. farase cargo da actuación na estrada EP-6511 A Bandeira-Piñeiro, onde se acometerá unha senda peonil e se mellorará o firme
Laura Moure/Silleda
A Deputación de Pontevedra adxudicou por un importe de 185.000 euros as obras de mellora da accesibilidade na Vía da Prata ao seu paso pola Bandeira, no Concello de Silleda. As obras saíron a licitación cun orzamento de 195.500 euros, e foron finalmente adxudicadas á empresa Construcciones y Obras Taboada y Ramos, S.L.U., por un importe de 185.000 euros.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Esta actuación, á que se presentaron tres empresas, está enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza-Tabeirós, cun orzamento total de 2 millóns de euros procedentes de fondos NextGenerationEU, e consistirán na construción dunha senda peonil e a mellora do firme nun tramo da estrada proivncial EP-6511 A Bandeira-Piñeiro.
Publicidade
As obras permitirán mellorar substancialmente as condicións de seguridade dos peóns que transitan por esta vía, tanto peregrinos como veciños da zona, que contarán tralos traballos cun espazo diferenciado, seguro e exclusivo para o seu uso a pé. A senda situarase na marxe dereita da estrada, entre a intersección coa estrada nacional e o punto quilométrico 0+167, e contará cun ancho de 2,5 metros. Ademais, na marxe esquerda da vía executarase un tramo de cuneta de seguridade.
Publicidade
A obra completarase co fresado, a extensión da nova capa de rodaxe e a reposición do firme nas zonas de ampliación. Tamén se executará unha rede de recollida de augas pluviais, canalizaranse as redes de baixa tensión e telefonía, renovarase a rede de alumeado con novas luminarias eficientes, reporanse os muros e instalaranse elementos de calmado do tráfico ademais de nova sinalización horizontal e vertical.








Comentarios