A Deputación adxudica por 1.271.178 € a construción dunha nova ponte sobre o río Mandeo en Sobrado
- Laura Moure

- hace 5 minutos
- 2 Min. de lectura
A deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, visitou a zona acompañada do alcalde, Lisardo Santos, e anunciou que as obras comezarán en febreiro
Laura Moure/Sobrado
A Deputación da Coruña acaba de adxudicar por 1.271.178,80 euros as obras de construción da nova ponte no punto quilométrico 3+100 da estrada DP 8001 sobre o río Mandeo, no termo municipal de Sobrado dos Monxes.

A deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, visitou a zona acompañada do alcalde, Lisardo Santos, e anunciou que o seu departamento prevé que os traballos poidan inciarse o vindeiro mes de febreiro, se as condicións meteorolóxicas son adecuadas. A deputada explicou que a actuación completará as obras de ancheamento e mellora da seguridade xa executadas pola Deputación no resto do vial, que pasou dunha anchura de entre 4 e 5 metros aos 8 metros de plataforma, mellorando notablemente a súa seguridade.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A ponte actual, de 12 metros de longo e unha anchura de apenas 5 metros, impide o uso do vial nos dous sentidos de circulación simultaneamente, pese a que rexistra un tráfico medio de 388 vehículos diarios, o 12% deles vehículos pesados, polo que será demolida para ser substituída por unha nova de vigas prefabricadas sobre formigón armado.
Publicidade
Esta mellora permitirá dotar á ponte dunha plataforma de máis de 9 metros, con carrís de circulación de 3,5 metros en cada sentido, bermas de 0,50 metros e unha beirarrúa de 1,80 metros de ancho para facilitar a circulación peonil sobre a ponte en condicións de seguridade.
Publicidade
O proxecto inclúe a renovación da sinalización e os sistemas de contención da estrada e a restauración paisaxística da zona, incluíndo a demolición dos tramos de estrada que quedan fóra do novo trazado e a revexetación dos mesmos con especies arbóreas autóctonas.








Comentarios