top of page

A Deputación promocionará, un ano máis, os produtos artesanais e ecolóxicos do Festival da Luz

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta cita terá lugar en Boimorto entre os días 10 e 12 de setembro


Laura Moure/Boimorto

A Deputación da Coruña promocionará, un ano máis, os produtos artesanais e ecolóxicos da provincia no Festival de La Luz, que se celebrará en Boimorto entre os días 10 e 12 de setembro.


A área de Promoción Económica e Emprego do ente provincial anuncia este mércores no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a apertura do prazo para que produtores e artesáns que o desexen podan solicitar a súa participación no Mercado da Luz, patrocinado pola Deputación, para promocionar e dar a coñecer produtos ecolóxicos, creativos e innovadores do rural da Coruña. As empresas interesadas poderán mandar a súa proposta á dirección de correo festivaldaluz@dacoruna.gal ata o 2 de xullo.

Como en anteriores edicións, a Deputación reservará tamén un stand propio para promocionar a provincia como destino turístico entre as persoas que asistan ao festival este ano.


O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, lembrou que "ademais de ser un evento cultural e solidario de referencia, o Festival de La Luz é un escaparate perfecto para dar a coñecer o potencial que teñen os concellos do rural da provincia no ámbito da artesanía, a sostibilidade e a innovación". Nesta nova edición do encontro realizaranse demostracións e presentacións e favoreceranse os programas educativos e formativos nos que o medioambiente, o aforro e a sostibilidade teñan protagonismo. Terán ademais prioridade aqueles produtores que pertenzan e asistan baixo a supervisión dunha asociación ou entidade sen ánimo de lucro ou conten con selos oficiais que acrediten e recoñezan os seus produtos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page