top of page

A Deputación concede a Rodeiro case 380.000 euros e a Cruces, 64.000 dentro do Plan Concellos

Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a mobilización de 1,8 millóns de euros do Plan Concellos para un total de 11 municipios da provincia. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que serán os concellos de Bueu, Caldas, Cangas, Mondariz-Balneario, Pontecesures, Mos, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Tui e Vila de Cruces os que se beneficien destas achegas para impulsar novas dotacións, recuperar espazos públicos e afrontar gastos correntes, remodelacións e obras de saneamento nos seus termos municipais.

As partidas máis grandes aprobadas na liña 1 de Investimentos foron parar para Rodeiro, que recibirá un total de 377.910,19 euros para o financiamento de dúas actuacións. Por unha banda, a construción dun edificio polivalente de uso asistencial (200.000 €), e pola outra a mellora de vías municipais en Rubiás e Guillar (177.910 €). Outro dos concellos beneficiados das achegas aprobadas hoxe é Tui, que recibirá 287.648 € para financiar o acondicionamento e creación da área lúdico deportiva Chans do Carrasco. Tamén Mos recibe un importante investimento da Deputación, no seu caso para afrontar a remodelación da contorna da ermida de San Eleuterio en Tameiga, cunha inxección de 234.804 € do Plan Concellos. Tamén se aprobaron dúas achegas para o concello de Cangas que suman un total de 166.455,33 € cos que financiará o proxecto de recuperación e mellora dos accesos en Fonte de Gandón (75.000 €) e o saneamento na Rúa das Patas (91.455 €).

Ademais, para Pontecesures aprobáronse recursos por valor de 158.723 € para a mellora da mobilidade en San Xulián, Caldas creará un parque infantil na Praza de Martín de Herrera cunha achega de 116.414 €; Salceda afrontará a ampliación do escenario e a reforma da platea do seu Auditorio Municipal cun financiamento do Plan Concellos valorado en 79.335 € e Bueu impulsará un proxecto de pavimentación de catro camiños municipais na parroquia de Meiro con 66.496 euros.

Tamén se aprobaron outras 3 axudas do Plan Concellos, esta vez na liña 2 dedicada ao gasto corrente, amortizacións e actividades. O Rosal dedicará a achega de 158.293 € a financiar gastos correntes derivados de actuacións en infraestruturas, alumeado e comunicación e tamén da súa Feira do Viño; Mondariz-Balneario dedicará 72.124 € a gastos do concello e Vila de Cruces outros 64.033 € ao financiamento de diversas actividades de promoción cultural.

1 comentario

1 Comment


xocas gonzalez
xocas gonzalez
Mar 18, 2023

Está semana levei material a riobo,alegrome que empiecen a obrar.Estranoume non ver a licencia no taboleiro pero...

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page