top of page

A Conta Xeral de 2021 do Concello de Silleda supera os 770.000 euros de resultado

O remanente de Tesoureiría volve superar o millón de euros


Laura Moure/Silleda

Os grupos municipais de Silleda celebraron este luns a Comisión Especial de Contas e Informativa de Economía, na que se abordou, entre outros puntos a Conta Xeral de 2021. Neste documento recóllense entre outros datos a diferencia entre gastos e ingresos do último exercicio, sendo o resultado de773.602,45 euros. “Tal e como se veu comprobando nos últimos anos, a situación económica do Concello mellorando considerablemente respecto a anos anteriores”, sinala o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña.

No informe recóllese que o ingresos ordinarios “superan os gastos ordinarios”. O dictame foi aprobado con tres votos a favor do grupo de goberno municipal socialista. Así, e segundo se recolle na Conta Xeral de 2021, os ingresos sitúanse en 6.478.927,56 euros , mentres que os gastos ordinarios foron de 5.722.150,05 euros. “Un dos grandes esforzos que realizamos ao longo destes últimos anos foi a posta a punto da contabilidade, coa erradicación do lastre das débedas como gran obxectivo. E non só pagamos todo o que se debía, senón que ademais continuamos sendo capaces de aforrar”, indica Cuiña.

O remanente de tesourería, magnitude que mide a solvencia económica da entidade tendo en conta distintos baremos (os fondos dispoñibles, os que se deben e os pendentes de cobro) volveu ser positivo un ano máis superando o millón de euros. A cifra sitúase en 1.073.298,68 euros, lonxe do saldo negativo que se conseguiu deixar atrás a partir do ano 2013. “Logo de anos escoitando a palabra déficit, o Concello de Silleda volve arroxar superávit un ano máis”, indica Cuiña.


Asuntos no pleno

Na comisión tamén se dictaminaron algúns dos puntos que irán ao pleno ordinario do vindeiro xoves (11:00 horas), como a estabilización do personal municipal, a aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo (RPT); a operación de crédito con Abanca para a dotación da nova casa consistorial por importe de 1.089.643,96 euros; ou o inicio do expediente para iniciar a contratación do servizo de mellora e mantemento do alumeado público.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page