top of page

A conselleira de Medio Rural visita Lalín para lembrar as principais novidades do Pladiga 2026

Fixo entrega onte de seis máquinas hidrostáticas polivalentes e tres vehículos motobomba que se distribuirán por varios distritos forestais da comunidade


Laura Moure/Lalín

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, fixo onte entrega en Lalín de nova maquinaria para o dispositivo galego de loita contra o lume. Concretamente, trátase de seis máquinas hidrostáticas polivalentes, que realizan tarefas de prevención e extinción; e tres vehículos motobomba. Gómez sinalou que a compra deste equipamento ascendeu aos 3,1 millóns de euros e estivo cofinanciada nun 60 % a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Destacou tamén que esta entrega se complementa con cursos de formación teórico-práctica para o persoal encargado do manexo da maquinaria.


A conselleira sinalou así que estas novas ferramentas contribuirán na execución de tarefas

preventivas e na redución dos danos que poidan ocasionar os incendios forestais, ao

tempo que se garante unha mellor seguridade do persoal do dispositivo.

No caso das máquinas hidrostáticas polivalentes, estes vehículos van permitir realizar

tanto traballos preventivos de roza, ao incorporar un brazo lateral con disco de corte, así

como un soprador de aire para limpeza en calzadas e gabias. Ademais, tamén se poderán

empregar en tarefas de extinción ao contar cun depósito de auga con capacidade de máis

de 3.400 litros, con bomba de impulsión de 1.100 l/minuto, lanza, tomas para mangueiras e

un sistema proporcionador de retardante.


En canto ás motobombas, estes vehículos empregaranse en labores de extinción grazas

aos seus 4.200 litros de capacidade útil de auga e o seu sistema de autoprotección

perimétrica con dous circuítos independentes. Ao mesmo tempo, inclúen catro cámaras

que permiten, desde a pantalla instalada na cabina, ter unha visión de 360º.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Novidades da actualización do Pladiga 2026

A maiores, asegurou que por parte do Goberno galego se seguirá a traballar nesta liña e

que este venres será presentada ante o Consello Forestal a nova actualización do Pladiga

2026. Neste sentido, lembrou as principais novidades deste documento e que foron

adiantadas onte polo titular do executivo autonómico no marco do Consello da Xunta. Así,

en relación cos medios materiais, aos 18 lotes de maquinaria pesada despregados, sumaranse 16 novos bulldózeres para labores preventivas. No eido dos medios áreos, incorporaranse ao dispositivo dous novos avións de carga en terra, un de coordinación e un helicóptero pesado. En total, serán 24 as aeronaves dependentes da Consellería.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Tal e como explicou María José Gómez, o Goberno galego seguirá a avanzar na mellora

das infraestruturas con actuacións nas bases aéreas xa existentes e na construción

doutras novas, como é o caso da de Lalín que “avanza a bo ritmo”, ou o aeródromo de

Valga. Incorporaranse tamén ao dispositivo 42 novas brigadas -de catro compoñentes- na

época de alto risco, e reforzarase a Unidade de Directores de Extinción (UDEX),

especializada no novo tipo de lumes que se están a rexistrar, pasando de 6 a 15

compoñentes.


Por último, no eido das tecnoloxías, deseñarase unha nova aplicación móbil para que a

cidadanía poida alertar dun xeito máis sinxelo sobre os incendios forestais. Tamén se ampliará o número de cámaras de videovixilancia ata chegar ás 241 en 111 puntos, un 30% máis que na actualidade, e incorporarase a intelixencia artificial ao sistema interno de

xestión, o que permitirá a detección automática e inmediata de fume e focos iniciais do

incendio. Do mesmo xeito, disporase de tres drons de última xeración que actuarán,

principalmente, en zonas de difícil acceso ou na que as cámaras non teñan cobertura.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page