top of page

A conselleira de Medio Rural visita a queixería Hoxe de Lalín

18 ago
2 min de lectura

A Xunta reafirma a súa aposta pola xeración de valor engadido nos produtos lácteos a través do selo Galega 100 %

Laura Moure/Lalín

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, animou onte ás industrias lácteas da nosa comunidade a empregar o selo Galega 100 % nos seus produtos e máis concretamente nos seus queixos en barra, co fin de dotalos de valor engadido e facilitar a súa identificación por parte das persoas consumidoras. Foi durante a súa visita á queixería Hoxe, situada en Lalín e na que estivo acompañada polos directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A conselleira salientou que o distintivo Galega 100 % pode empregarse no leite líquido, pero tamén en derivados lácteos como queixo en barra que producen cooperativas coma

Hoxe, elaborado cunha materia prima procedente da nosa comunidade e dunha excelente

calidade. Desta forma, sinalou Gómez, quen vexa nun supermercado queixo en barra

Galega 100 % poderá saber rapidamente que se trata dun produto sometido a estritos

controis de calidade e trazabilidade, con parámetros hixiénicos e sanitarios superiores.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cómpre lembrar, neste sentido, que o selo Galega 100 %, xestionado polo Laboratorio

Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e promovido polo Goberno autonómico,

ten como obxectivo poñer de relevo a produción láctea galega, ao tempo que se lle ofrece

ás persoas consumidoras unha identificación baseada na orixe e calidade do produto.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nesta visita, a conselleira puxo á cooperativa Hoxe como “todo un exemplo da

potencialidade que ofrece a transformación do leite na nosa comunidade”. Así, valorou que

traballan con máis de 100 explotacións da súa contorna, o que lles permite transformar

arredor de 40.000 litros de leite diarios e producir máis dun millón de quilos de queixo ao

ano, gran parte deles amparados polas denominacións de orixe protexidas Queixo Tetilla e

Arzúa-Ulloa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page