top of page

A conexión de rede móbil de nova xeración será mellorada no termo municipal de Cruces

Llega700 está a realizar estes traballos de activación do 4 e 5G no municipio


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces informa de que a entidade Llega700 está a realizar a activación da rede móbil de nova xeración (4G e 5G) no municipio. Con motivo desta mellora, poderían producirse problemas na recepción dalgúns canais de televisión (TDT).



 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Se a televisión non se ve correctamente ou algunha canle deixa de funcionar, a veciñanza afectada debe contactar directamente con Llega700, que solucionará a incidencia de maneira gratuíta (correo electrónico: ayuda@llega700.es ; teléfono gratuíto: 900 833 999). No caso de comunidades de veciños, o aviso deberá facelo o presidente. As incidencias poderán comunicarse ata maio 2026.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Llega700 é a entidade xestora que se encarga de solucionar calquera afectación que suceda na recepción da TDT para asegurar a continuidade do servizo de TV. Esta entidade foi designada polos operadores de móbil para resolver as interferencias ou perturbacións que puideran producirse ao servizo de radiodifusión de TV.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page